todo nada

O VASTO MUNDO: UN GRAN DE PO NO ESPACIO. A VA CIENCIA DOS HOMES: PALABRAS. OS POBOS, AS BESTAS E AS FLORES DOS SETE CLIMAS: SOMBRAS. O FROITO DA TÚA CONTÍNUA MEDITACIÓN: NADA.

Minitese onde se tentará demostrar como a Terra é o único lugar do espacio onde NADA é TODO aquilo do que en rigor estamos capacitados para falar.

1º.- No micro micrófono silencioso do macroespacio sideral a Terra é un puntiño de nada. Nin mete rumbo, nin di nada audible fóra dela, nin nada significativo representa no contexto cósmico. A min paréceme ben, é cómico e tranquilizador.

2º.- Se aceptamos que viramos e viramos no medio dunha pequena boliña de nada e que iso é o que temos para empezar a buscar, que topamos? TODO! Todo aquilo do que en rigor, sen trampas, nin macanas, podemos falar:

Grandes cadeas montañosas e desertos infinitos.
Ríos caudalosos e pozas e depósitos de po.
Volcáns durmidos, volcans soñando espertar e magma ardente que un día se petrifica.
Illas emerxentes, illas submersas, illas colonizadas, illas liberadas, tímidas illas nas que milagrosamente agroman flores.
Megalópoles da dominación: París, Pekín, New York e barriadas e urbanismo bélico e depredación a gran escala.

Topamos as plantas e os animais e os minerais e o ser humano dentro do cal todo se manifesta para nada. Todo xace ardente no centro do nada, dese puntiño apenas verde, apenas azul, apenas nube xogando a romperse.
Aí no centro do nada estoupan sorrintes e simultáneas unha bombiñas de cores chamadas TEMPO.
Tes uns minutos?
Podo repetircho máis pormenorizadamente.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s