todo nada

O VASTO MUNDO: UN GRAN DE PO NO ESPACIO. A VA CIENCIA DOS HOMES: PALABRAS. OS POBOS, AS BESTAS E AS FLORES DOS SETE CLIMAS: SOMBRAS. O FROITO DA TÚA CONTÍNUA MEDITACIÓN: NADA.

Minitese onde se tentará demostrar como a Terra é o único lugar do espacio onde NADA é TODO aquilo do que en rigor estamos capacitados para falar.

1º.- No micro micrófono silencioso do macroespacio sideral a Terra é un puntiño de nada. Nin mete rumbo, nin di nada audible fóra dela, nin nada significativo representa no contexto cósmico. A min paréceme ben, é cómico e tranquilizador.

2º.- Se aceptamos que viramos e viramos no medio dunha pequena boliña de nada e que iso é o que temos para empezar a buscar, que topamos? TODO! Todo aquilo do que en rigor, sen trampas, nin macanas, podemos falar:

Grandes cadeas montañosas e desertos infinitos.
Ríos caudalosos e pozas e depósitos de po.
Volcáns durmidos, volcans soñando espertar e magma ardente que un día se petrifica.
Illas emerxentes, illas submersas, illas colonizadas, illas liberadas, tímidas illas nas que milagrosamente agroman flores.
Megalópoles da dominación: París, Pekín, New York e barriadas e urbanismo bélico e depredación a gran escala.

Topamos as plantas e os animais e os minerais e o ser humano dentro do cal todo se manifesta para nada. Todo xace ardente no centro do nada, dese puntiño apenas verde, apenas azul, apenas nube xogando a romperse.
Aí no centro do nada estoupan sorrintes e simultáneas unha bombiñas de cores chamadas TEMPO.
Tes uns minutos?
Podo repetircho máis pormenorizadamente.

Advertisements

Escada ao céo

Para a dama branca de maio, que sempre volve coroada de pétalos clandestinos

There’s a lady who’s sure all that glitters is gold
And she’s buying a stairway to heaven
(And) when she gets there she knows if the stores are all closed
With a word she can get what she came for

Ooh ooh ooh…ooh…ooh ooh ooh
And she’s buying a stairway to heaven

There’s a sign on the wall but she wants to be sure
‘Cause you know sometimes words have two meanings
In the tree by the brook there’s a songbird who sings
Sometimes all of our thoughts are misgiven

Oooh…It makes me wonder
Oooh…It makes me wonder

There’s a feeling I get when I look to the west
And my spirit is crying for leaving
In my thoughts I have seen rings of smoke through the trees
And the voices of those who stand looking

Oooh…It makes me wonder
Oooh…And it makes me wonder

And it’s whispered that soon, if we all called the tune
Then the piper will lead us to reason
And a new day will dawn for those who stand long
And the forest will echo with laughter

Woe woe woe woe woe oh
If there’s a bustle in your hedgerow
Don’t be alarmed now
It’s just a spring clean for the May Queen
Yes there are two paths you can go by
but in the long run
There’s still time to change the road you’re on

And it makes me wonder…ohhh ooh woe

Your head is humming and it won’t go — in case you don´t know
The piper’s calling you to join him
Dear lady can you hear the wind blow and did you know
Your stairway lies on the whispering wind

And as we wind on down the road
Our shadows taller than our souls
There walks a lady we all know
Who shines white light and wants to show
How everything still turns to gold
And if you listen very hard
The tune will come to you at last
When all are one and one is all, yeah
To be a rock and not to roll
Ooooooooooooh

And she’s buying a stairway to heaven

NEVE ARDENTE / QUERIDOS MILAGROS

Non me explico coa que está caendo como é que hai tantos negocios novos no barrio

Non sei por que empezo a entrar en todos

E todos teñen o mesmo

Tecidos raros, pesados,  caen a plomo polo seu propio peso. Fermosos estampados xeométricos e….

Libros, tecidos e libros.

Libros de poemas en todos os tamaños. Algúns a toda cor cunha oferta visual prometedora.

De súpeto aparece alguén que di ser un autor, aconséllame un….en fin, acaba regalándomo. Naturalmente con adicatoria personalizada e asinado. Pon algo así como para o meu estimado amigo…..xuro que non o coñezo de nada…….ignoro por que toma tantas molestias e teima en rexistrar o que non hai…..ben, o libriño é chulo, está impreso en letras de cores, dime que para garantir o xogo sinestésico. A min no me parece mal….pero é que hai palabras que eu non coincido en absoluto coas cores asignadas nesa sicodélica impresión…..en fin, acabalo agasallado…..

De todas as tendas con loock cottage sae unha música preguiceira que tira a jazz sen chegar ……e ole moi forte a  pachulis densos…………hai moita xente en todas elas remexendo nas mercadorías, rindo abrindo probando ………..puaf! ………síntome agobiado e lárgome buscando coma un tolo o frescor dun prado…….vai calor amarelenta, ocre, acre, gris, resesa e reseca.

Na miña estampida encóntrome de novo co autor poetadeversosdecolores. Invítame a seguilo por un camiño que descoñezo, sígoo e adentrámonos baixo unha bóveda de follas amareláceas de castiñeiro que dan a toda a escena unha pigmentación estraña de azafrán en suspensión…….fálolle do rara que me resulta esa luz—–ollo despistado o chan……todo está cuberto dun groso manto de neve!…….esfranfullada como miga de pan de moitos días…….collémola coas mans…….a neve en po escorre entre os dedos…….está quente!

Entón penso na Riouxa, no aspecto que debe ter todo o parque cuberto desa estraña que menos mal que non é cocaína…..

Decidimos ir pero el debe antes pasar pola súa casa. Cando pasamos por diante do edificio onde vive, un neno berra por el dende o balcón, rógalle que vaia buscalo. O pai négase e o rapaz comeza a insultalo e a chamarlle de todo, incluídas unhas cantas barbaridades que nunca antes oíra en boca dun neno, e menos tendo un pai poeta con preocupacións cromáticas.

De camiño a Riouxa Park aparece unha muller morena e ben plantada que asegura ser a muller do meu compañeiro e decide acompañarnos. Ambos os dous teñen ollos grandes e negros moi fermosos. Non me estraña que se gustasen.

Cando estamos a piques de chegar empeza a saír da cidade un sol xigante e hai un derretemento xeralizado de toda a historia……..o poetautor esvaece, a muller tamén. Viro asombrado arredor de min, do punto de neve non queda nada. Volvo sobre os meus pasos a ver se dou co punto anterior a calquera tipo de encontro. Busco o libro colorido. Tamén desapareceu. 

Creo que nesta película só fico eu de puro milagro.

 

 

Imaxe

 

 

 

O ESTATUS DAS ESTATUAS

 

Imaxe

 

A medida que desertizan o planeta

os máis favorecidos 

crean dunas de substitución

oasis de cera

todo o destruído

aparece en forma de réplicas de xiz

ricamente decoradas en pan de ouro

grosas alfombras aveludadas

no lugar da herba mol

teitos altos e polícromos

cúpulas siniestras

onde debían circular libres as nubes

inchadas de chuvia 

ciclos deturpados

animais de poliéster en cores rechamantes

linguas de trapo

monotemáticas

esquecidos os fonemas peculiares

zoos para a revenda

no último dos mundos

sombras rectilíneas

de rañaceos

onde debería haber manchos de follas

verde sobre verde

e rechouchíos témeros

 

a substitución da vida

por calquera cousa obxecto clonado

a un material inerte

 

e así acádanse aos poucos

os trazos do parafuso

o estatus erecto das estatuas

os espellos reflicten

un certo ollar oblícuo e baleiro

os xestos quedan petrificados

 

inmobilidade alén dos xestos

rogramados polo protocolo

ninguén lembra nin se embarca

en ilusións propulsoras de desexo

 

o planeta vira e vira

e ese é todo o movemento

sincopado das estatuas

 

o mar brama día e noite

ópera eterna

e ese é o único discurso da discordancia

 

no museo da historia

o lixo sae xa polas xanelas

a boca que todo o devora

é negra e pegañenta

 

a ignorancia programada

satúrase e colapsa

con imaxes de factoría

 

a dúbida está secuestrada

no tempo das certezas

no tempo das estatuas.

 

Imaxe

A NOIVA EMPÁTICA

A NOIVA EMPÁTICA

ou como el safa no último minuto polos pelos grazas á providencial  intervención do narrador

(Verídico)

Despois dunha relación máis ou menos gozosa e prolongada e un tanto extenuante, chega por fin o gran día da voda…………O mozo agarda case catatónico pola noiva que non dá chegado. Ten o corazón nun puño porque xa a coñece e sabe como é:  un pouco especial…………. a mínimo que te descoidas esquéceo  todo……..chámase Toti e ten unha tendencia escandalosa ao desastre. Esa mañá ela esperta totalmente inconsciente de que ese é o gran día………………………..

Chegan todos xuntos os invitados que actúan a modo de público na representación………………sentan……………e póñense a agardar a ver en que queda o conto.

Óese un murmurio irregular en diferentes lapsos e intensidades, toses, frufrús de tecidos aínda sen estrear, taconciños por aquí, carraspeos por alá. O cura procura non perder a compostura.

Cando por fin chega ela de gancho co padriño, todos, incluídos o rapaz e o cura, empezan a respirar tranquilos. Iníciase a cerimonia cun despregue de órgano que non tarda en precipitar a noiva nunha perigos ensoñación. Séntese levitando nun soño arrebatador a pesar dos zapatos novos de charón que xa empezan a torturala.

Todo evolúe coa máxima elegancia e normalidade ata que, como nun pesadelo interferido, alguén empeza coas preguntiñas. O preguntador, contaxiado pola presencia cercana dunha noiva amnésica, empeza polo noivo, esquecendo o protocolo. O noivo, suficientemente concienciado da situación, actúa acorde coa posta en escena e apura rapidamente unha contestación afirmativa ollando para a noiva que permanece impertérrita dándolle soamente o perfil. A continuación é o turno dela……………………………..

……………………..cando Toti oe a pregunta do preguntador queda simplemente en branca, sen branca na memoria, unha gran mancha branca ocupándolle a visión bipolar………………ponse a ollar para arriba……….sorrí……….despois para abaixo……….sen deixar de sorrir……….despois para un lado………………….despois para o outro……..despois para atrás virando só de cintura para arriba………………despois de novo para adiante…………….e así van pasando os minutos sen ela deixar de sorrir coa boquiña e cos ollos preciosos…………………….repite a operación demorándose en cada aceno todo o tempo que considera necesario, sen perder a compostura nin o sorriso feliz. Levanta unha cella, despois a outra, prende o beizo inferior entre os dentes mentres acariña o queixo cos dedos dunha man que o narrador non pode distinguir ben cal é pois xa se lle está anubrando a visión narrativa………………abala graciosamente a cabeciña……………..olla ao preguntador de cando en vez para  tentar comunicarlle que hai que estar tranquilo….que xa vai……..

Entre os asistentes reina un silencio sepulcral solidario cando en realidade o que debería é estar formándose un runrun indignado in crescendo

Por fin, ela reacciona e di moi baixiño de xeito que practicamente ninguén se enteira :

” no me acuerdo, jijiji”

O noivo, cheo de paciencia e tenrura infinita, cóllea docemente da man e dille polo baixo: ” Pero Toti, só tes que dicir que SI”

Ela pónselle seria e moi tesa dille: ” pero es que no me acuerdo de como se traduce eso que me estás diciendo” e volve sorrir.

O noivo, olla para ela xa medio ido, olla para o entrevistador, olla para o público e reacciona:

“Veña, nena, vámonos”

e saen os dous disparados en dirección á porta de entrada da gran construción fantasmagórica percorrendo a gran nave central a máis velocidade da permitida operación para a cal ela sente a urxente necesidade de liberarse dos zapatos do demo de maneira que os solta guindándoos ao ar de maneira tan pouco premonitaria que un aterriza na pamela dunha anciá que ninguén sabe que pinta alí e cando se produce o impacto berra: ai! e as flores? mentres o veo da noiva vai tecendo un ronsel de escuma pola alfombra recén aspirada esa mañá e posteriormente estrada de pétalos de flores de todas as cores e unha musiquiña orgánica empeza a soar de novo esta vez a ralentí arrastrándose preguiceiramente por entre os asistentes como se estivese reproducida por unha máquina defectuosa de baixa tecnoloxía facendo uahhhhhhuahhhhhhhhuahhhhhhhhhhhhh

xa na rúa, co ruído de fondo do tráfico infernal da primavera piiiiiiiiiiiiiiiibrrrbrrrrrrrrrrrrrroinghhhhhhhhhhhhhhbrirrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr

e parado todo o mundo no semáforo en vermella

o padriño colle ao noivo polo ombro e dille

-Oes, nós cumprimos, vai haber banquete ou non?

-Pois claro, tío. Ti es parvo!

Imaxe

Thomas Barbey